3º Aboamento parcial da paga extra decembro 2012

Conforme o disposto na Instrución da Xerencia de data 5 de xaneiro de 2016 sobre a recuperación da paga extraordinaria de decembro de 2012 deixada de percibir, segundo o previsto na lei de orzamentos de Galicia para o ano 2016 (D.O.G. 31/12/2015) as cantidades serán abonadas no primeiro trimestre do ano 2016, do seguinte xeito:

- Ao persoal en servizo activo no momento da aprobación da Instrución (5 xaneiro de 2016)de oficio.


- Ao persoal que non se atope en servizo activo na data de aprobación desta instrución (5 xaneiro de 2016) lles serán abonadas previa solicitude, que deberá presentarse por rexistro.


- No caso de falecemento do empregado, os herdeiros deberán formular a solicitude, acreditando a súa condición, que deberán presentala por rexistro.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co Servizo no teléfono 986-813578 ou a través do correo electrónico consultanomina@uvigo.es
 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal