2º Aboamento parcial da paga extra decembro 2012

 

Conforme o disposto na Instrución da Xerencia de data 3 de novembro de 2015 sobre o 2º aboamento parcial da paga extraordinaria deixada de percibir en execución do previsto no Real Decreto -Lei 20/2012, no marco do disposto na Lei 11/2015 do 1 de octubre, as cantidades serán abonadas no último trimestre do ano, do seguinte xeito:

- Ao persoal que se atope en servizo activo no momento da aprobación da Instrución (novembro 2015)  de oficio.

- Ao persoal que non se atope en servizo activo lles serán abonadas previa solicitude, que deberá presentarse por rexistro.

- No caso de falecemento do empregado, os herdeiros deberán formular a solicitude, acreditando a súa condición, que deberán presentala por rexistro.

 

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co Servizo no teléfono 986-813578 ou a través do correo electrónico consultanomina@uvigo.es

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal