Certificado de renda

O Servizo de Retribucións e Seguros Sociais informa:

En aplicación do previsto no artigo 108.3 do Regulamento do IRPF, a Universidade de Vigo expediu as certificacións correspondentes as retencións practicadas e ingresos a conta e demais datos necesarios aos efectos da declaración anual do IRPF do persoal vinculado coa Universidade.

O persoal poderá obter e imprimir o seu certificado de retencións e ingresos a conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (mod. 190) do exercicio correspondente na páxina web da Universidade, Secretaría Virtual (http://seix.uvigo.es/), introducindo o seu NIF, NIU e contrasinal, e accedendo á consulta do certificado de renda.

Trátase do mesmo acceso que para a consulta de nómina e acción social.
Para calquera dúbida poden facer a consulta neste Servizo.
Grazas pola súa colaboración.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal