Asistencia sanitaria por accidente laboral (réxime xeral)

A asistencia sanitaria derivada de accidente de traballo na Universidade de Vigo lévase a cabo a través da mutua de accidentes de traballo FREMAP.

FREMAP dispón de centros asistenciais propios abertos de luns a venres de 08:00 a 20:00 horas en Pontevedra, Ourense e Vigo.

O persoal que traballa na Universidade de Vigo e teña un accidente de traballo deberá acudir directamente aos devanditos centros, salvo naqueles de urxencia vital que ha de acudir ao centro sanitario ou hospital máis próximo.

Non é competencia de FREMAP a asistencia sanitaria derivada de accidente de traballo do persoal funcionario incluído no réxime especial da seguridade social de funcionarios civís do estado- mutualismo administrativo MUFACE / CLASES PASIVAS-. MUFACE facilita a prestación de asistencia sanitaria aos mutualistas a través dos concertos que subscribe co Sistema Sanitario Público e coas Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal