Incompatibilidades

De conformidade co establecido na Ley 53/1984, de 26 de diciembre, de incompatibilidades del personal al servicio de las Administraciones Públicas que resulta directamente aplicable a todo o persoal de administración e servizos, este non poderá desempeñar, por si ou mediante substitución, un segundo posto de traballo, cargo ou actividade no sectos público agás nos supostos previstos na mesma.

A actividade como PAS será incompatible co exercicio de calquera cargo, profesión ou actividade, pública ou privada, que poida impedir ou menoscabar o estrito cumprimento dos seus deberes ou comprometer a súa imparcialidade ou independencia.

Consonte á lei, antes de exercer unha segunda actividade pública ou privada é indispensable a previa e expresa autorización de compatibilidade.

 

REQUISITOS XERAIS

  • Debe formularse unha solicitude antes do inicio da segunda actividade, pública ou privada.
  • Esta segunda actividade debe estar incluída entre os supostos establecidos pola lei. Con carácter xeral, considéranse prohibidas aquelas que se refiran ou teñan relación coa actividade que a persoa interesada exerce na Universidade de Vigo (UVI).
  • A autorización de compatibilidade non suporá modificación de xornada nin do horario de traballo na UVI.
  • Débense respectar os límites retributivos previstos no artigo 7 da Lei 53/1984.
  • Pola contra, as actividades enumeradas no artigo 19 non requiren autorización ou recoñecemento de compatibilidade, cando concorran os requisitos establecidos para cada caso.

 

NORMATIVA

  • Ley 53/1984, de 26 de diciembre (BOE de 04/01/1985), de incompatibilidades del personal al servicio de las Administraciones Públicas.
  • Real decreto 598/1985, de 30 de abril (BOE de 04/05/1985), sobre incompatibilidades del personal al servicio de la Administración General del Estado, de la Seguridad Social y de los entes, organismos y empresas dependientes.
  • II Convenio colectivo para o persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo             (DOG do 27/07/2007).
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal