Compatibilidades

 

INTRODUCIÓN

De conformidade coa Lei 53/984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, o persoal comprendido no ámbito de aplicación desta Lei (afecta a todo o persoal que preste servizos nas administracións públicas: funcionarios de carreira, interinos, contratados, laborais, etc) non poderá compatibilizar as súas actividades co desempeño, por si ou mediante substitución, dun segundo posto de traballo, cargo ou actividade no sector público, agás nos supostos previsto na mesma.

En calquera caso, o desenvolvemento dun posto de traballo polo persoal incluído no ámbito de aplicación desta Lei será incompatible co exercicio de calquera cargo, profesión ou actividade, pública ou privada, que poida impedir ou menoscabar o estricto cumprimento dos seus deberes ou comprometer a súa imparcialidade ou independencia.

Polo anterior, para o exercicio da segunda actividade (pública ou privada prevista na Lei) será indispensable a previa e expresa autorización de compatibilidade. 

NORMATIVA

Lei 53/1984, de 26 de decembro (BOE do 4/01/1985), de incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.

Real Decreto 598/1985, de 30 de abril (BOE do 4/05/1985), sobre incompatibilidades do persoal ó servizo da administración xeral do estado, da seguridade social e dos entes, organismos e empresas dependentes.

Resolución do 25 de febreiro de 2000 (BOE do 9 de marzo), da Secretaría de Estado para a Administración Pública, pola que se aproba o formulario para a solicitude de compatibilidade.

REQUISITOS XERAIS

Solicitude previa ó inicio da segunda actividade, pública ou privada.

Que o suposto para o exercicio da segunda actividade sexa un dos previstos na Lei. Con carácter xeral, considéranse prohibidas aquelas que se refiran ou teñan relación coa actividade que o interesado desenvolve no departamento, organismo ou entidade onde estivese destinado.

A autorización de compatibilidade non pode supor modificación da xornada e horario de traballo.

Obriga de respetar os límites retributivos previstos no artigo 7 da Lei 53/1984.

As actividades recollidas no artigo 19 da Lei 53/1984 poden realizarse sen necesidade de autorización ou recoñecemento de compatibilidade cando concurran os requisitos establecidos para cada caso.

DOCUMENTACIÓN

Solicitude:   Solicitarase sempre por escrito ao Sevizo de Persoal Docente e Investigador, segundo os modelos adxuntos.

Documentación complementaria.

Actividades privadas:

  • Certificado de horarios do Departamento da Universidade de Vigo.
  • Certificado de xornada e horarios da empresa/actividade privada.
  • Certificado da actividade privada que vai realizar ou realiza o/a interesado/a.
  • Certificado, no seu caso, de se o capital da empresa está participado, directa ou indirectamente, por calquera Administración pública e, de ser así, en que porcentaxe.
  • Certificado da entidade ou corporación de dereito público se percibe subvencións ou similares de calquera Administración pública, e de ser así, en que porcentaxe.

Actividades públicas:

  • Certificado de horarios do Departamento da Universidade de Vigo.
  • Para os contratos de incorporación de persoal con cargo a proxectos de investigación: certificado do director/a do proxecto da xornada e horarios que realiza o/a interesado/a.

MODELOS IMPRESOS

  1. Impreso de solicitude de compatibilidade.
  2. Anexo III. Declaración de ter solicitado concesión de compatibilidade.
  3. Impreso de declaración xurada.
  4. Documentación necesaria para a tramitación da solicitude de compatibilidade presentada na Universidade de Vigo.

ÓRGANO COMPETENTE RESOLUCIÓN

Actividades privadas: O Reitor.

Actividades públicas:

Principal na UVI: O Reitor

Secundaria na UVI:. - MAP na Administración do Estado.

  • Órgano competente da CCAA correspondente.
  • Pleno das Corporacións locais.

PRAZO RESOLUCIÓN E SILENCIO ADMINISTRATIVO

Actividades privadas:

  • O prazo de resolución é de 3 meses (DA 1ª RD 1777/1994).
  • A falta de resolución expresa no prazo anterior permitirá entender estimada a solicitude formulada.

Actividades públicas:

  • O prazo de resolución é de 4 meses (DA 1ª RD 1777/1994).
  • A falta de resolución expresa no prazo anterior permitirá entender estimada a solicitude formulada.
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal