Maternidade/adopción , paternidade: Certificado de empresa

  • O interesado/a deberá solicitar no Servizo Público de Saúde (SERGAS) o informe de maternidade, e deberá comunicar a baixa por maternidade á unidade ou centro de traballo.
  • A copia do informe correspondente á empresa deberá presentala no servizo de retribucións e seguros sociais.
  • O servizo de retribucións e seguros sociais expedirá o certificado de empresa por maternidade no que subscribirá a data na que se inicia o descanso e os datos de cotización, así como o impreso para solicitar a prestación.
  • A prestación será abonada polo Instituto Nacional de Seguridade Social: o certificado de maternidade deberá ser presentado no Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) onde lle indicarán os trámites e a documentación necesaria para a percepción da prestación de maternidade.
  • Se desexa máis información sobre a prestación por maternidade pulse http://www.seg-social.es
Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise